María Wonenburger, a matemática coruñesa que triunfou nos Estados Unidos

Hoxe cumpriría 90 anos esta investigadora, nacida en Oleiros e falecida no 2014, experta na teoría de grupos.

wonenburger-maria1

 

Cúmprense 90 anos do nacemento da gran matemática galega María Wonenburger, falecida en 2014 aos 86 anos de idade. Investigadora de éxito nos Estados Unidos e Canadá, en España foille negado o recoñecemento durante décadas. De feito, doutorouse pola prestixiosa Universidade de Yale, a oitava do ránking mundial, pero á súa volta a España en 1960 a administración de Franco non lle recoñeceu o título. Entre outras cuestións, era muller. E foi obrigada a doutorarse por segunda vez en Madrid.

A anécdota do dobre doutorado é unha máis na apaixonante vida de Wonenburger, nacida en Oleiros en 1927. O seu apelido debíallo a un tataravó alsaciano. E a súa familia, cunha empresa de fundición, quixo que fose enxeñeira. Pero se licenciou en 1950 na primeira promoción de Matemáticas daUniversidade Central de Madrid.

Foi a primeira española en conseguir unha bolsa Fulbright

Seguir lendo “María Wonenburger, a matemática coruñesa que triunfou nos Estados Unidos”

Falece Maryam Mirzakhani, primeira muller en gañar o Nobel das Matemáticas

DEP

imagen-sin-titulo

A iraniana Maryam Mirzakhani, a primeira muller gañadora da medalla Fields, considerada o premio Nobel das Matemáticas, faleceu hoxe en Estados Unidos aos 40 anos vítima dun cancro.
O científico iraniano Firouz Naderi, amigo da falecida, informou da súa morte a través de varias mensaxes na súa conta de Twitter.
“Unha luz apagouse hoxe …. demasiado pronto. Rompe o meu corazón”, escribiu Naderi nun dos seus tuits sobre Mirzakhani, de quen publicou varias fotos e á que definiu como “unha mente marabillosa”.

Seguir lendo “Falece Maryam Mirzakhani, primeira muller en gañar o Nobel das Matemáticas”

Manifesto

Hoxe tres muller#mullerbravaes, amigas, cómplices, irmás, comezamos o noso propio proxecto.

Reunirémonos para compartir, nun pequeno recuncho, parte do noso tempo,  creando, aprendendo, falando,…

Sabemos que queremos estar, non temos aínda moi claro para que. Iremos descubríndoo pouco a pouco, polo camiño, e compartíndoo, con que queira seguirnos, a través deste blogue e das redes sociais.

Gustannos as artes plásticas, a artesanía, os libros, a música, o teatro, o cinema,…, gústanos vivir.

Somos orgullosas mulleres, fillas e netas de Mulleres Bravas, que marcharon hai tempo do noso lado (ou quizais non), e é a elas a quen queremos renderlles  unha pequena homenaxe con este cativo proxecto.

 

Arrincamos!