As herbas de San Xoán

Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
 
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
 
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai moitas que aparecen en todas elas.
rosad
Rosa Canina. Tamén chamada roseira, silva macho, rosal bravo, rosal do demo… ademais do arrecendo, ten propiedades tónicas e astrinxentes para a pel.

 

 

Fento macho

 

Fento macho (Dryopteris filix-max), tamén fieito, dentebrun, dentabrón… Cóntase deste fento que bota ‘flores’ a medianoite de San Xoán. Estas servirán para facer feitizos. No Ciprianillo’ cóntase que pondo un lenzo baixo do fento a mañán estará cheo de demos pequenos. É velenoso, actúa como paralizante muscular.

 

Seguir lendo “As herbas de San Xoán”