Manifesto

Hoxe tres muller#mullerbravaes, amigas, cómplices, irmás, comezamos o noso propio proxecto.

Reunirémonos para compartir, nun pequeno recuncho, parte do noso tempo,  creando, aprendendo, falando,…

Sabemos que queremos estar, non temos aínda moi claro para que. Iremos descubríndoo pouco a pouco, polo camiño, e compartíndoo, con que queira seguirnos, a través deste blogue e das redes sociais.

Gustannos as artes plásticas, a artesanía, os libros, a música, o teatro, o cinema,…, gústanos vivir.

Somos orgullosas mulleres, fillas e netas de Mulleres Bravas, que marcharon hai tempo do noso lado (ou quizais non), e é a elas a quen queremos renderlles  unha pequena homenaxe con este cativo proxecto.

 

Arrincamos!

 

 

A esquecida orixe do Día da Nai: A proclama pacifista contra as guerras quedou moi lonxe da celebración comercial

Aínda que moitos crean que o Día da Nai é unha xornada simplemente comercial, cuxo orixe é simplemente atriborigen-dia-de-la-madre-300x173uíble ao afán de estimular as vendas, o certo é que foi unha proclama antibelicista e unha convocatoria a un congreso mundial de nais, o que deu inicio á data en cuestión.

Corría 1870, cando a escritora estadounidense Julia Ward Howe, unha pioneira do activismo, o abolicionismo da escravitude e os dereitos das mulleres, convocou a todas as nais do mundo para rebelarse contra a guerra, nunha desgarradora proclama pacifista que mantén plena vixencia.

Na proclama convocábase a un Congreso Internacional de Nais buscando promover alianzas entre diferentes nacións e o arranxo sen belicismos de cuestións internacionais. As boas intencións da primeira muller electa para a Academia Estadounidense de Artes e Letras, en 1908, apenas lograrían que o Congreso do seu país, votase en 1914, a instancias do presidente Woodrow Wilson, a celebración anual do Día da Nai. Seguir lendo

Vía kaosenlared.net

1º de Maio: a loita da clase traballadora. A de moitos e MOITAS

mayo_EDIIMA20160430_0346_4

…Pero como tantos acontecementos históricos importantes, a loita da clase traballadora tamén se centrou máis nos conflitos, loitas e revoltas lideradas polos homes. Xa vos lembrei máis dunha vez o de que a historia se escribe en masculino. Así que vou aproveitar estas liñas para presentar ou refrescar varias mobilizacións de mulleres traballadoras e grandes éxitos de folgas protagonizadas polas mulleres. Ler artigo completo

Vía eldiario.es

Ellas mismas. Autorretratos de pintoras. Angeles Caso

Busquen un manual de Historia da arte Universal, e percorran pacientemente o índice de artistas. A inmellasmismasensa maioría dos nomes que van atopar serán masculinos. A historia da arte está protagonizada por miles de señores con barbas e bigotes que compoñen unha interminable xenealoxía de artistas. As mulleres son en cambio obxectos da arte, non suxeitos: son as infinitas damas que pousaron ante un home para que el fixese o seu retrato, as prostitutas que exhibiron os seus peitos magníficos diante dos pintores do Cinquecento ou dos impresionistas, as modelos anónimas que fixeron de madonnas e mártires, de deusas e antigas emperatrices lendarias, as inacabables mulleres desgarradas ou incólumes que lles serviron de inspiración.

Pero os libros de historia da arte non contan toda a verdade: moitas mulleres – non tantas como homes, aínda que moitas máis das que nos adoitan dicir – foron tamén artistas, dedicaron longos anos a aprender e competiron cos homes por facerse un sitio no sempre complexo mercado da arte. seguir lendo.

Vía angeles caso.com